Evernote actualízase cargado de melloras

Evernote, o coñecido xestor de notas, acaba de actualizarse a versión 3.0 traendo tras de si bastantes melloras, vexamos algunhas delas:
  • Ver e editar cadernos compartidos:poderás enlazar as carpetas que a xente comparta contigo para telas sempre contigo, e se contas con conta premium poderás editalas e acceder a elas sen conexión.
  • Comparte as notas nas redes sociais: coma toda aplicación que se preste inclúe sincronización coas principais redes sociais coma poden ser Facebook e Twitter.
  • Mapas e localización: para que se contas cun móbil con GPS podas situar a túas notas no mapa e incluso a ti mesmo, sabendo cun simple toque onde escribes as túas notas e poder recordar máis cousas.
  • Novo Widget: que permite acceder dunha maneira máis cómoda a toda a información directamente dende o escritorio.
Ademais destas melloras inclúe melloras destinadas a mellorar o interface e o comportamento da aplicación en xeral, deixando a aplicación renovada en todos os aspectos. Se queredes máis información podedes acceder a súa páxina. 
Coma sempre Evernote é unha aplicación gratuíta dispoñible no Market para a versión 1.5 e superior de Android ou a través do seguinte QR:

Sobre o autor

Reply