CNN xa conta con aplicacións diferentes para smartphones e tablets

A canle CNN xa conta con dúas aplicacións no Android Market, unha para tablets con Honeycomb (Android 3.0) e outra para smartphones a partires da versión 2.1 do sistema operativo de Google.
Malia ofrecer experiencias de usuario totalmente diferentes – pensemos que a pantalla dunha tablet permite moitas máis opcións –  o certo é que ambas veñen preparadas para o chamado iReport, é dicir, para que calquera poida compartir fotos ou vídeos ao estilo CNN: está pasando.
Alén diso, a iteración coas redes sociais é case total, como é de prever nunha aplicación deste estilo. Neste sentido, pódense compartir de xeito doado as novas en Twitter ou Facebook entre outras.

Sobre o autor

Reply