Twitter recibe unha nova actualización

A aplicación oficial de Twitter vén de recibir unha nova actualización, na que se corrixen algúns erros e inclúen novas melloras. Iso si, a instalación tamén ocupa máis espazo.

Entre as novidades, están as seguintes:

  • Posibilidade de axustes nos tamaños de texo.
  • Uso de seguridade SSL.
  • Pestana para resultados de buscas.
  • Melloras na busca de tweets próximos.
  • Melloras na interface de perfil de usuario, con contador de tweets.
  • Melloras ao abrir as ligazóns
  • Algún cambio visual (cores de favoritos, étc).
Non sei vós, pero sigo botando de menos unha característica importante: a xestión de varias contas á vez.

Sobre o autor

Reply