Rumoroloxía arredor do I/O 2011. Gingerbread 2.3.4?

Os que enredamos en Android sabemos que este é un mundo de rumores. Inda non acabamos de instalar unha actualización e xa estamos devezosos da seguinte. Isto fai, como non, aumentar a rumoroloxía arredor das novas caracterísitcas e funcionalidades que terán as versións vindeiras.
Como sabedes, estamos a un par de días do Google I/O 2011 e os rumores apuntan a novidades en Gingerbread, coa versión 2.3.4 e cambios no Gtalk, incluíndo a videochamada. Isto xa o permite Honeycomb, a versión para tablets.
Tamén é moi probábel que se inclúan cambios en aplicacións básicas, como o reprodutor multimedia, do que xa se filtraron imaxes e que poderían dotar a Android dun servizo de música en streaming, xa que dende hai bastante tempo se está a falar do interese de Google por dotarse dun servizo de música (mesmo se fala de contactos con Spotify).
Veremos que nos depara o futuro… non queda nada para o 10 de maio.

Sobre o autor

Reply