Disfraza o teu Android… de Windows Phone 7

Gústache moito o teu Android, pero tamén o estilo do Windows Phone 7. Con cal me quedo? Tranqui, non terás que poñerte nese apreto porque Android permíteche disfrazar o teu trebello de Windows Phone 7
Como? Pois grazas a Laucher 7, un coidado launcher que te permitirá disfrutar da forma de traballar do Windows Phone 7, cun rendemento que destaca pola fluídez no seu manexo. 
A súa apariencia baséase nos típicos cadros do sistema operativo móbil de Microsoft, un por aplicación que teñamos configurada (alén do acceso á listaxe completa  de aplicacións). Ademais, estes cadros son dinámicos e poden amosar datos, como o caso da de Gmail, que conta os correos que temos sen ler.
Está dispoñíbel no Market en dúas versións, unha de balde, soportada por publicidade, e outra de pago, por 0,99 €.

Sobre o autor

Reply