Nexus One e Nexus S recibirán a OTA de 2.3.4 en breve!

A través do Twitter Google fixo esta pasada noite oficial que a actualización da saga Nexus sería cousa de poucas semanas. Os Nexus One e Nexus S recibirán a versión definitiva de Gingerbread, a 2.3.4, que arranxará algún bug nos Nexus One e achegará a videochamada a Gtalk nos Nexus S, algo co que xa viñamos especulanto.
Pero ademais Google promete unha sorpresa, supoñemos que terá bastante que ver co servizo de música do que tanto se fala.Sobre o servizo de videochamada, dicir que poderemos facer as chamadas usando redes 3G ou a través de WiFi, e que o seu uso non limitará as posibilidades que ofrece Gtalk, como compartir ligazóns mentras temos unha chamada en marcha étc.

 

Sobre o autor

Reply