Dalle un toque artístico ás túas fotos con FxCamera

Se cadra o ter unha cámara no noso Android permítenos botar man dela nun momento de apuro no que queiramos inmortalizar unha serie de situacións aínda que na maioría dos casos a calidade da imaxe non é a esperada segundo o tipo de terminal que esteamos a usar. Isto non quita que poidamos usar a nosa cámara para sacar fotos artísticas á vez que lle damos un toque divertido.

Unha boa aplicación para isto é FxCamera que nos permite darlle uns toques artísticos as nosas fotos con esta serie de efectos:
  • ToyCam: emula a foto dunha cámara de xoguete.
  • Polandroid: dalle apariencia de foto das míticas Polaroid.
  • Fisheye: fai o efecto dunha lente de ollo de peixe.
  • SymmetriCam: fai fotos de cun eixo de simetría.
  • AndyWarholizer: efecto Andy Warhol.

FxCamera está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.5 ou superior.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Chimpin 3 Maio, 2011 Responder
  2. iago varela 3 Maio, 2011 Responder

Reply