Toma o control do teu Android a través de widgets: Widgetsoid

Se andades todo o día fedellando nos vosos terminais, activando e desactivando cousas, decataríadesvos de que é bastante incómodo facelo a través dos menús, polo que acabaredes empregando widgets ou aplicacións de control.
Hoxe traémosvos un widget moi interesante, Widgetsoid, que ten a vantaxe de ser 100% personalizábel. Así, poderemos elixir activar/desactivar datos, sons, … e moitas cousas máis.
Mais non só é posíbel poñer estes widgets no escritorio, senón que tamén, dependendo do modelo de terminal, poderemos situalo dentro da barra de notificacións, co aforro de espazo que isto supón.
Resumindo, poderemos configurar os seguintes aspectos:
  • Relacionados coa rede: activación e desactivación de datos móbiles, WiFi, tethering, tethering por USB, sincronización, modo avión, Bluetooth, copia a PC e modo avión.
  • Relacionados coa pantalla: tempo de espera en activo, bloqueo, cambio do patrón de desbloqueo, bloqueo orientación, brillo sempre activo, manter a pantalla acesa ao cargar.
  • Relacionados co audio: Activar/desactivar son, vibración, silencio, volume, control de arquivos musicais e vídeo.
  • Activación/desactivación do GPS, % de batería, espazo na ROM, RAM, SD, lanterna, cambio de idioma.
  • Acceso directo a contactos, favoritos ou aplicacións.
A aplicación está dispoñíbel en dúas versións, unha gratuíta e completa, e outra con doazón de 1 € ao programador. Dispoñíbel para todos os androides 2.1+

Sobre o autor

Reply