Chega Microsoft Live Messenger a Android

Os máis novos non lles soará, pero para min o Messenger foi unha das primeiras formas de comunicarme a través de internet e que tivo un gran número de seguidores, se ben é certo que hoxe en día non son tantos os seguidores tamén é certo que os sigue habendo, e que por culpa de que non se adapta este servizo a móbiles e outros aparellos finalmente teñen que cambiar de forma de comunicarse, pero iso non será o caso de Android.
Messenger by Miyowa é a aplicación oficial de Windows Live Messenger para Android, que aínda que non está desarrollada por Microsoft conta coa aprobación oficial da mesma. Nesta aplicación ademais de poder conectar a vosa conta de messenger tamén poderedes conectarvos coa vosa conta de Yahoo messenger, e ó igual que na versión de escritorio poderedes cambiar o estado entre o amplo abanico que propón, cambiar a túa foto de perfil ou recibir notificación da mesma cando estea traballando en segundo plano.
Messenger by Miyowa está dispoñible no Market de forma gratuíta para a versión 1.6 de Android e superiores.

Sobre o autor

Reply