Tuenti actualiza a súa aplicación para Android

Tuenti non podía presumir de aplicación móbil, pero agora, tras a actualización lanzada onte, o certo é que as cousas cambiaron bastante.
Busca tus sitios favoritos de Tuenti
Chat de Tuenti

Entre as novidades desta versión está a posibilidade de recibir certo tipo de actualizacións como notificacións, previa configuración do tempo, así como tamén a posibilidade de manter o Tuenti Chat todo o tempo activo.
Mellórase tamén a suba de fotos e engádese Tuenti Sitios, coa posibilidade de facer check-in, como na rede social Facebook. Non se esquecen tampouco da importancia dun widget de escritorio, dende o cal poderase acceder ao perfil, así como tamén doutras funcionalidades da rede social, como as mensaxes privadas.
A aplicación está dispoñíbel no Market de xeito gratuíto para todas as versións de Android.

Sobre o autor

Reply