Loita en modo multixogador con Cestos

Xogar nun smartphone pode estar ben, pero se a iso engadimos a posibilidade de botar una partida contra outros xogadores a diversión aumenta.

Cestos é un xogo que nos da a posibilidade de retar a outros xogadores que se encontren en liña. Trátase de dirixir ao noso equipo de maneira que non caiamos ao baleiro mentres que tratamos de tirar ao noso rival. Unha serie de bombas e os distintos mapas que atoparemos farán que a nosa tarefa non sexa tan doada.

Como curiosidade, segundo vaiamos xogando partidas e gañando experiencia poderemos ir desbloqueando unha serie de características que nos permitirán configurar o noso avatar.

Cestos está dispoñible no Market de forma gratuita para Android 1.5 ou superior.

Sobre o autor

Reply