The Phone House vén de anunciar a través de Twitter que xa está dispoñíbel o Samsung Galaxy S II a través da súa rede de tendas en exclusiva.
Os prezos dispoñíbeis son os seguintes:
- 689 € libre
- 299 € con portabilidade a Orange (Tarifa Delfín 59) [Permancia 24 meses]
- 379 € para migración tarxeta-contrato en Orange (Tarifa Delfín 59) [Permancia 18 meses]
- 459 € con portabilidade a Yoigo (La del 0 + bono Internet 15) [Permancia 18 meses]
- 459 € para novas altas en Yoigo (La del 4 + bono Internet 15) [Permancia 18 meses]
- 499 € para novas altas en Orange (Tarifa Delfín 59) [Permancia 18 meses]
Se queredes máis información sobre o terminal podedes ver esta entrada que fixemos durante o Mobile World Congress 2011.
Uf… ¿pero farán falta esas cousas 24 X 59 = 1416.
É un atraco, alén de que esa tarifa a min persoalmente me parece que non resulta apetecíbel.
Eu colleríao libre
689 + 18 meses * 9€ (tarifa R)= 851 .. aínda asi parece un pouco caro libre. Creo que hai algunha tenda online europea que xa o oferta máis barato (500 e pico)