Ice Cream Sandwich, Movies, Android @ Home… o futuro pasa por Google e Android

Sabíamos que no I/O2011 Google ía chegar cargado de sorpresas, e así foi. Nesta entrada pasamos a resumirvos todas elas:
Ice Cream Sandwich
 
Google fixo oficial o nome de Ice Cream Sandwich para a nova versión de Android (3.1), evolución de Honeycomb, pero que dá o salto e non só será só para tablets, senón que se pode integrar en todo tipo de dispositivos de tamaños diferentes. Pretenden así facer unha unificación do sistema operativo entre dispositivos diversos (agora mesmo máis de 310 diferentes usando Android).
Entre outras cousas mellórase a multitarefa, a conectividade ou a videochamada, que inclúe recoñecemento facial e que semella un punto polo que Google quere apostar forte.
Movies
Google tamén anunciou que se lanza ao mercado do aluguer de filmes online con Movies, un servizo accesíbel dende o Android Market para visionado en streaming e alta definición dende o computador, ou dende o noso smartphone/tablet. Todo ilo con prezos de aluguer que van dende 1,99 $.
Este servizo estará dispoñíbel neste enderezo: https://market.android.com/movies (de momento só o está para os Estados Unidos).
Acordo para garantir actualizacións
Un anuncio que sorprendeu e gustou a todos foi o dun acordo con varios fabricantes e operadores para garantir as actualizacións e que estas se realicen en tempo razonábel sempre e cando o hardware sexa compatíbel.
Inicialmente forman parte deste acordo Verizom, HTC, Samsung, Sprint, Sony Ericsson, LG, T-Mobile, Vodafone, Motorola e AT&T.
Android Open Accessory Development Kit
Outra das novidades foi a posta a disposición de todos os desarrolladores dun kit de ferramentas para dar soporte a todo tipo de dispositivos periféricos que farán de Android unha ferramenta aínda máis útil. Accesíbel dende aquí.
Android @ Home
Para rematar, Google avanzou algo do que trae entre mans para as nosas casas, Android @ Home, que pretende servir para conectar e comunicarse entre dispositivos electrónicos que haxa na nosa casa, dende lavadoras ás persianas. Vamos, domótica en toda regra powered by Android.
Music Beta
E, como non, o servizo de música de Google do que xa vos falamos neste post anterior.
Vendo todo isto, Android é o futuro, ou non? Seguimos falando por aquí, por Twitter ou por Facebook!

Sobre o autor

Reply