Controla o teu androide… dende unha interface web

Podemos controlar o noso computador dende o noso terminal Android. Pero ao revés? Claro que tamén.
Iso é o que fai LazyDroid, que nos permite empregando un navegador web e unha conexión WiFi ou USB tomar o control do noso móbil.
Tendo o móbil conectado á WiFi, ao iniciar a aplicación darásenos un enderezo IP. Introducindo este mesmo enderezo no noso portátil conectado á mesma rede local, accederemos ao seguinte panel:
E que accións poderemos levar a cabo? Pois unha cantas, vexamos cales:
  • Xestión do envío de sms. Poderemos ter acceso aos nosos sms e envialos dende a propia interface.
  • Xestión de contactos. Ver, engadir, editar, borrar…
  • Xestión de chamadas. Silenciar, cortar a chamada… iso si, deberemos falar polo noso teléfono.
  • Xestión da cámara (só a través de Internet Explorer).
  • Xestión dos sensores, como a xeolocalización.
  • Xestión de arquivos

LazyDroid é unha aplicación gratuíta, dispoñíbel para Android 2.2 e superior.

O nome da aplicación vaille que nin pintado, non credes?

Sobre o autor

Reply