Crea, comparte e escanea QR con QR Droid

Poucas cousas hai tan sinxelas de usar coma un código QR, simplemente abres o teu lector, escaneas o código e listo, moi fácil, pero quizá ti aínda non lle atopaches a utilidade ou o lector apropiado, QR Droid pode ter algunhas respostas.

QR Droid é unha aplicación que che permite tanto crear coma ler código QR, acción para as que conta con bastantes opcións. Á hora de xerar código permítenolo extraer de contactos, dirección URL, aplicacións, calendario, localización xeográfica, sms, teléfono e incluso texto que queiramos escribir nos, sen dúbida un amplo abanico, e para lelo danos a opcións de obtelo dunha imaxe gardada, dunha páxina web, mediante a cámara do noso terminal ou do historial. En definitiva o que temos aquí é unha suite integra e completa de cara a que lle saques todo o potencial a tan gran invento como son os lectores de QR. Por se vos quedan dúbidas déixovos un vídeo da aplicación.
A aplicación é gratuíta e está dispoñible no Android Market para versións 2.0 ou superiores, ou se o preferides para ir practicando a través do seguinte código QR:

Sobre o autor

Reply