Descubrindo elementos con Alchemy

Alchemy é un xogo no que deberemos atopar máis de 300 elementos propostos comezando inicialmente con 4 elementos básicos: aire, terra, auga e lume.


Para facer as mesturas basta con que pulsemos sobre un elemento e o arrastremos sobre outro na pantalla principal. Por exemplo, se mesturamos o aire coa auga daranos vapor, e se lle volvemos a engadir aire, teremos unha nube e con dúas nubes teremos o ceo. Se necesitamos botar man de outros elementos que xa tivésemos empregados pulsaremos no “+”, isto levaranos a unha segunda pantalla e poderemos seleccionar os elementos ao noso antollo, tanto como se queremos engadir todos de golpe ou uns poucos determinados. Para engadir uns poucos, na lista da segunda pantalla, teremos que deixar pulsado un elemento ata que apareza a opción de seleccionar sobre as iconas, as cales iremos marcando para logo darlle a engadir e que nos aparezan na pantalla principal.


Se pulsamos dúas veces nun espacio baleiro da pantalla inicial apareceranos os 4 elementos básicos e se o facemos sobre un dos elementos duplicarásenos. Nesta pantalla principal tamén temos a opción de saber as mesturas que fixemos para chegar a un elemento, así como unha breve información ou un enlace á wikipedia se arrastramos un elemento sobre o “?”.


Alchemy está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.5 ou superior.

Sobre o autor

3 Comments

  1. vanessa 12 Maio, 2011 Responder
  2. chimpín 14 Maio, 2011 Responder
  3. Álex Alfaya 14 Maio, 2011 Responder

Reply

Deixa una resposta a chimpín Cancelar a resposta