Filtra as chamadas que non queiras recibir con BanDroid Calls

Cantas veces non vos pasou aquilo de que alguén estea a chavarmos unha e outra vez a modo de spam? Seguro que moitas, polo menos dende algunha operadora para que nos mudemos de compañía.
Afortunadamente existen ferramentas que nos axudan a ter o control sobre esas chamadas indesexábeis, como BanDroid Calls.
BanDroid permítenos elaborar unha lista negra das chamadas e mensaxes recibidos dende os números que non desexamos atender. Pero as configuracións van máis aló, e poderemos bloquear números introducíndoos de xeito manual ou a través da axenda.

Outras funcionalidades son que conta cun botón na barra de notificacións que nos informa cando temos os bloqueos activos ou que permite elminar tamén as notificacións de chamada.

A aplicación é de balde e pódese descargar do Market para versións de Android superiores á 2.2.

Resumindo, que se queremos, non nos volverán molestar 🙂

Sobre o autor

Reply