Sharp prepara un teléfono despregábel con Android

Se pensabades que os telefónos despregábeis eran peza de museo… sinto dicirvos que estabades equivocados. Parece que Sharp quere facerse con eses clientes que non queren renunciar a ter un terminal con este aspecto a pesares de querer disfrutar de Android.
O modelo Aquos Hybrid 007sh no que a compañía está a traballar contaría con estas características:
  • Procesador de 1 GHz
  • Sistema operativo: Android 2.3 (Gingerbread).
  • Cámara de 16 MP (si, a miña dixital creo que non chega a eles) e frontal para videochamadas.
  • Pantalla de 3,4 polgadas.
  • Sintonizador de televisión.
Parece ser que este terminal está orientado ao mercado xaponés e eu persoalmente teño as miñas dúbidas de que o cheguemos a ver por acó… e se o chegáramos a ver sería unha versión modificada, xa que o máis probábel sería que non incluísen características como o sintonizador de televisión, moi típico dos mercados asiáticos pero incompatíbel cos nosos sistemas de televisión.

Sobre o autor

Reply