Non esquezas os teus quefaceres académicos con Homework

Hoxe presentámosvos Homework, unha aplicación pensada para levara ao día todo o traballo académico no noso móbil, para evitar esquecernos do que temos que facer… en definitiva, para mellorar a nosa produtividade académica.
Principalmente a aplicación conta con 4 pantallas, cada unha cunha misión específica:
  • Listaxe de todas as tarefas, ordeadas por data e contador de ‘cantidade de tarefa non feita’
  • Listaxe de exames / entregas.
  • Horario do día actual.
  • Horario da semana actual.
Homework permítenos engadir até un máximo de 20 clases diarias (20 clases!!!), podendo especificar os horarios de comezo e fin das mesmas. Ademais, poderemos engadir tarefas para unha clase determinada (por exemplo, para a clase do venres de matemáticas un “entregar boletín”, étc).
Dispón tamén de varios widgets de escritorio para ter as tarefas pendentes ben visíbeis… vamos que quen se esqueza de algo é porque quere.
É unha aplicación gratuíta que podemos atopar no Market

Sobre o autor

Reply