Android domina América… Symbian Europa

Segundo un estudo da consultora Nielsen Android é o primeiro sistema operativo nos Estados Unidos, cun 36 % do mercado, seguido por iOS cun 26% e RIM, que acolle o 23%. Bastante por baixo sitúanse Windows Mobile, cun 9%, WebOS e Symbian cun 2% cada unha e Windows Phone 7 e Palm OS cun 1% respectivamente.

Ademais, os usuarios de Android son os que máis volume de datos consumen, cunha media de 582 MB, cuxo uso maioritario é a descarga de aplicacións.

Estes datos contrastan cos de Europa, onde Symbian se leva o 43,3% do pastel, seguido de lonxe por iOS, cun 20,3%, Android co 16,3%, RIM cun 9,1% e Windows co 7,6%
Coa expansión que está a ter Android, credes que mudará este mapa en breve? Cóntanolo ben aquí, ben a través das redes sociais! Atópanos en Twitter ou en Facebook.
Fontes: América, Europa.

Sobre o autor

Reply