R segue apostando por Android: chegan o Huawei U8500 e o Galaxy Mini

A operadora galega R segue a incrementar o seu catálogo de móbiles con Android, incorporando dúas novidades interesantes: o Huawei U8500 e o Samsung Galaxy Mini.
Huawei U8500

O Huawei U8500 chegou ao mercado español en abril deste ano para aumentar o catálogo de terminais Android dentro do que poderíamos considerar a gama media. Destacamos das súas características as que seguen:

  • Tamaño e peso: 112 x 58 x 12.8 mm e 115 gramos.
  • Pantalla: TFT de 3,2 polgadas.
  • Sistema operativo: Android 2.2 (Froyo).
  • Cámara: 3,2 MP con flash LED.
  • Memoria: microSD até 32 GB.
  • Batería: 1150 mAh.
  • Outros sensores: acelerómetro, proximidade, trackpad óptico, radio..
En canto a prezos, como promoción está dispoñíbel este mes dende 0 € cun consumo de 9 €/mes (para portabilidades), unha relación calidade-prezo que está moi ben.
Samsung Galaxy Mini
A outra novidade do catálogo de móbiles de R é o Samsung Galaxy Mini, que poderíamos considerar irmán do Apollo. Vexamos as súas caracterísitcas:
  • Tamaño e peso: 110,4 x 60,6 x 12,1 mm e 104,3 gramos.
  • Pantalla: TFT de 3,14 polgadas.
  • Sistema operativo: Android 2.2 (Froyo).
  • Cámara: 3 MP con flash LED e efectos fotográficos (B/N, sepia…)
  • Memoria: 160 MB de memoria interna. Inclúe microSD de 2 GB, pero pódese poñer outra microSD de até 32 GB.
  • Outros sensores: acelerómetro, proximidade, trackpad óptico, radio..
Poderemos adquirir este terminal por 0 € cun consumo de 19 €/mes (tarifa plana mini) ou por 69 € (en promoción) cun consumo de 9 €/mes (mini + internet ou única) (prezos para portabilidades).

Máis info

Que vos parecen estas novas achegas de R? Como sempre, lémonos en Facebook ou Twitter.

Sobre o autor

2 Comments

  1. quecheparece 8 Xuño, 2011 Responder
  2. iago varela 8 Xuño, 2011 Responder

Reply