AndroGauss2 resolve algunhas operacións con matrices

No Market atopamos certas xoias que farán a nosa vida máis sinxela. Vale, seguro que non andades todo o día a voltas con matrices, pero de vez en cando toca. E se hai algunha aplicación que o faga por nós, mellor ca mellor non? (NOTA: Está ben que practiquemos para non esquecernos de operar! :P).
Pois AndroGauss2 axúdanos con iso, porque non só nos realiza certos cálculos senón que ademais nos amosa, se así llo pedimos, todos os pasos realizados.
As operacións que podemos levar a cabo son as que seguen:
  • Operacións por filas (Intercambio, multiplicación de fila por número, sumar unha fila a outra multiplicada por un número).
  • Operacións por columna (as mesmas que por fila).
  • Método de Gauss.
  • Cálculo da identidade.
  • Cálculo da Inversa

A única limitación que temos é que as matrices teñen que ser de tamaño igual ou inferior a 7×7.
Funciona en Android 2.1 e versions superiores e está dispoñíbel gratuitamente no Market.

Sobre o autor

Reply