aTranslate, unha boa alternativa a Google Translator

Se buscades un tradutor presentámosvos unha alternativa que nada ten que envexar a Google Translate: trátase de aTranslate, inda que se ben é certo, dispón de menos combinacións idiomáticas.
Para poder empregalo precisa de conexión a Internet (non funcionará doutro xeito) e permite levar a cabo opcións avanzadas como copiar e colar texto, étcetera.

Dispón das seguintes conversións:
  • Dende catalán a: castelán, occitano, aranés, inglés, francés, esperanto, portugués.
  • Dende castelán a: catalán, valenciano, galego, portugués, brasileiro, francés, esperanto, inglés e asturiano.
  • Dende galego a: castelán e inglés.
  • Dende portugués a: castelán, catalán.
  • Dende inglés a: catalán, castelán, galego e esperanto.
  • Dende francés a: catalán e castelán.
  • Dende occitano a: catalán
  • Dende aranés a: catalán
  • Dende rumano a: castelán.
  • Dende galés a: inglés.
  • Dende euskera a: castelán.
  • Dende esperanto a: inglés.
  • Dende bretón a: francés.
  • Dende sueco a: danés.
  • Dende asturiano a: castelán.
  • Dende noruego bokmal a: noruego nynorsk.
  • Dende noruego nynorsk a: noruego bokmal.
  • Dende islandés a: inglés.
  • Dende macedonio a: búlgaro e inglés.
  • Dende búlgaro a macedonio.
  • Dende italiano a catalán.
A aplicación conta con dúas versións, unha de balde e un  de pago, cuxa diferencia radica en que na de pago poderanse seleccionar os idiomas por defecto, así como a posibilidade de marcar ou non no resultado da tradución as palabras que o tradutor descoñeza (na versión gratuíta márcanse sempre.
Menú de configuración da versión de pago
Ambas (Lite e Pro) están dispoñíbeis no Market web e poden ser instaladas en calquera androide con versións posteriores á 1.6.

Sobre o autor

Reply