La voz de Galicia estrea aplicación Android (e iOS/Blackberry)

Unha eiva que nos atopamos aqueles que andamos a ler xornais vía móbil é que faltan aplicacións específicas ou que as versións móbiless non están adaptadas ás pantallas actuais. Se ben é certo, non se pode xeralizar, xa que as versións móbiles dalgúns (como Xornal de Galicia ou El País) están bastante ben implementadas.
La voz de Galicia vén de anunciar hoxe a dispoñibilidade da aplicación específica para Android (e os seus equivalentes para iOS e RIM), así como o lanzamento dunha nova versión móbil, accesíbel dende calquera dispositivo con acceso a Internet dende http://m.lavoz.es
A aplicación informa da hora na que foi actualizada a información por última vez e ábrese na portada, que facendo scroll nos vai amosando as principais novas de outras seccións (Opinión, Galicia, Deportes, Dinero, España…).
Accedendo ao botón MÁS (situado na parte superior) ábresenos un menú de seccións, dende onde poderemos acceder a todas as novas relacionadas con cada unha delas.
Malia que este é un paso importante para o xornal galego, boto de menos unha opción de compartir novas en redes sociais ou enviar novas/fotos, nese afán de xornalista cidadán que si teñen na páxina web (sección Cuéntalo tú).
A aplicación está dispoñíbel no Market para todos os androides.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Anonymous 13 Xuño, 2011 Responder
  2. iago varela 13 Xuño, 2011 Responder

Reply

Deixa una resposta a iago varela Cancelar a resposta