Dime de que operador es… e eu decido se te chamo ou non

Cada vez hai máis operadores e cada vez hai tamén tarifas máis complicadas. E como a competencia é tan grande tamén existe a necesidade de diferenciarse, polo que son moitas as que ofrecen chamadas gratuítas a números da mesma compañía e cousas semellantes.
Pero claro, antes todos sabíamos que un 627 era de Vodafone, un 699 de Movistar e un 655 de Orange. Pero co baile de portabilidades iso xa non é factíbel. Por iso son benvidas aplicacións como AndroidOperator, que nos permite comprobar precisamente iso: a que operador pertence un determinado número de teléfono.
Existen dous modos de funcionamento, o primeiro é introducir o número de móbil que queremos comprobar directamente, mentres que a outra fórmula consiste en buscar polo nome na axenda e comprobalo sen ter que introducilo manualmente.
En poucos segundos saberemos a que operador pertence e, o mellor de todo, gratis. A aplicación está no Market, pero só para androides +2.0.

Sobre o autor

Reply