LG Optimus 3D, o futuro xa está aquí

LG prometía revolución nos smartphones para este ano e está a cumplir. Primerio foi velocidade co 2X, logo pantalla co Black e agora futuro co Optimus 3D. E é que como sabedes, onte asistimos convidados por LG e Vodafone (a quenes aproveitamos para agradecer o convite e o ben que nos trataron) ao evento de presentación do Optimus 3D, o terceiro dos tres terminais polos que o fabricante aposta este ano e que sen lugar a dúbidas vai dar moito que falar.

O evento foi presentado por Rosa González, Directora de Comunicación de LG, cuxa intervención serviu de preámbulo para pasar a palabra a Óscar Rodríguez, Director da División de Telefonía Móbil de LG, e a Ignacio Roman, Director de Unidade de Negocio de Terminais de Vodafone.

Óscar Rodríguez nun momento da súa intervención

Óscar aproveitou a súa intervención para achegar unhas cantas cifras ben interesantes do sector da telefonía móbil en España e tamén da propia compañía:

  • As previsións de LG en canto a venta móbiles para 2011 son de 150 millóns, dos cales o 20% son smartphones (30 millóns).
  • O 67% dos ingresos dos fabricantes de terminais de telefonía móbil en España correspóndense a smartphones.
  • Android ocupa o 37% do mercado de terminais en España (e crecendo).
Tamén fixo fincapé na aposta de LG polos sistemas operativos abertos e achegou as principais características do Optimus 3D, un terminal que destaca por ser o primeiro smartphone que grava e reproduce imaxes e vídeos en 3D sen necesidade de ter lentes especiais.
Obviamente o Optimus 3D está orientado a un sector concreto: xente que sabe o que é un smartphone e quere algo diferente, algo que poña nas súas mans potencia e diferenciación. E neste caso, existen ambos.
Diferenciación polas características 3D. Para que serven? Pois para disfrutar de todo o contido multimedia dun xeito novo e diferente, xa sexan xogos ou fotos/vídeos que gravemos nós ou vexamos a través do portal de YouTube especial para contido en tres dimensións.

Detalle da galería de vídeos

Pero o bo de todo é que non só poderemos desfrutar do contido no noso terminal, senón que tamén podemos compartir o que gravemos a través de conexión HDMI ou DNLA con televisores ou monitores compatíbeis con 3D con lentes, o cal puidemos probar no evento e resultou realmente máxico.
No seguinte vídeo podedes ver unha introdución moi breve (si, e de mala calidade) ao teléfono. O malo é que na gravación non se aprecian ben as características 3D que se tiñan ao vivo.
E potencia porque conta cunha nova tecnoloxía tridual, que emprega Dual Core – Dual Channel (dobre núcleo e dobre canle), que optimiza os recursos mellorando a potencia e o tempo de resposta, algo que se notará ao usar o 3D ou mesmo na velocidade de carga durante a navegación. Nesta diapositiva podedes a comparación entre ambos:

Conta cunha RAM de 512 MB, que malia que puidera parecer escasa ten truco, xa que direcciona até 4 GB de memoria interna mellorando a velocidade de lectura, polo que simula moita máis RAM da real, o que supón un avanzo importante na xestión de memorias.
En canto a sistema operativo vén con Froyo (Android 2.2), se ben é certo que temos que ter en conta que as características deste terminal implican un intenso traballo de adaptación. Malia todo, non hai que preocuparse porque LG está comprometida a actualizar e en tempos razonábeis.
E para que non comecemos de cero, dende LG xa se encargaron de precargar 10 filmes e 3 xogos (acción, golf e coches) para que se poida disfrutar dende o primeiro día.

Detalle da dobre cámara traseira, imprescindíbel para ofrecer efecto 3D

Polo demais, resumindo as características do terminal teríamos as que seguen:

  • Dimensións e peso: 128,8 x 68 x 11,9 mm e 168 gramos.
  • Procesador: Dual-Core de dobre canle a 1 GHz, fabircado por Texas (OMAP4).
  • Pantalla: WVGA 3D  de 4,3 polgadas.
  • Memoria: 8 GB internos e microSD (até 32 GB).
  • Batería de 1500 mAh. Ademais o software optimiza o consumo.
  • Cámara traseira: dobre cámara de 5 MP
  • Conexións: HDMI / DLNA, microUSB…
Ignacio Román falando da aposta de Vodafone polo Optimus 3D
Pola súa banda, Ignacio Román explicou os temas que teñen a ver coas tarifas e dispoñibilidade con Vodafone, alén de destacar que o Optimis 3D é a gran aposta de compañía para os próximos meses, cunha inversión de 15 millóns de euros en promoción.
Concluíu a súa intervención cunha afirmación remarcábel: ‘non hai mellor producto que o que hoxe vos presentamos‘.
Prezos e dispoñibilidade
Vodafone terá a exclusividade deste terminal durante 3 meses (até o 1 de outubro) e poráo á venda a finais do mes de xuño.
En canto a prezos para particulares, temos os seguintes casos:
  • 219 € coa tarifa @XS (20 €/mes)
  • 89 € coa tarifa @S (29,90 €/mes)
  • 0 € para as tarifas @M (40 €/mes), @L (59,90 €/mes) e @XL (99,90 €/mes)
Alén disto, tamén se poderá conseguir a través da tenda de puntos (por exemplo a 199 € con 2500 puntos).
Todos os prezos están vencellados a unha permanencia de 24 meses e portabilidade.
E xa para finalizar deixámosvos un vídeo no que Alfredo Canteli, Especialista de Producto de LG explica as características do terminal:

Que vos parece este produto? Gústavos? Credes que o futuro pasará polo 3D? Non dubidedes en contárnolo aquí ou a través das nosas redes sociais.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Gabriel 16 Xuño, 2011 Responder
  2. iago varela 16 Xuño, 2011 Responder

Reply