O merchandising de Android, colecciona os minibots!

Calquer bo androfan que se precie non pode deixar de presumir de ter, cando menos, un minibot Android. Que son os minibots? Pois xoguetes para nenos grandes, o boneco de Android feito coleccionábel.
E é que, por se non o sabiades, non só está o clásico robotiño verde, senón que existe toda unha colección de bonecos de diferentes cores, divididos en dúas series: Series 01 e Series 02.
A Series 01 inclúe un total de 12 coleccionábeis, dos cales 9 están catalogados e 3 non, para aumentar o misterio que arrodea a estas figuriñas. Os 9 iniciais reciben o nome de Android, Hi-Voltage, Creature, Copperbot, Darknet, Reactor, Octopoid, Worker e Albino.
Parte da Series 01 (9 catalogados + 1 misterioso)
Debido ao grande éxito desta primeira serie xurdiu a continuación, a Series 02, que se compón dun total de 13 minibots, dos cales 11 están catalogados e 2 son misteriosos. Entre os catalogados están Greeneon, Bluebot, Hexcode, Iceberg, GB.927, Racer, Blackbeard, Noogler, Bernard, Rupture e Cupcake.
Series 02 completa
Mais alén das Series tamén existen edicións especiais, que non fan máis ca aumentar os desexos de quen quere facerse con toda a colección. Até o de agora existen 3 modelos especiais, os que seguen:

Os minibots están fabricados en vinilo e parte da maxia é que veñen en caixas e envoltos de tal xeito que non se sabe que minibot inclúe (aínda que é posíbel sabelo se se mercan nalgún sitio que teña contacto co fabricante e saiba o que vende).
En canto a prezos, pois hai de todo, algúns dende 5 € e outros acadan os 60-80 € eles soíños, sobre todo as edicións especias. Googleando moito pódese atopar unha serie completa por prezos que oscilan entre os 75 e 200 €.
Gústanvos? Pagaríades por eles? Cóntalo por aquí ou no noso Twitter!
Imaxes de Ecpica

Sobre o autor

2 Comments

  1. kix2902 16 Xuño, 2011 Responder
  2. iago varela 16 Xuño, 2011 Responder

Reply