bytNote non permite que esquezas de dar os teus recados

A quen non lle pasou de acabar unha chamada e recordar que non demos un recado importante á persoa coa que acabamos de falar ou, no peor dos casos, saber que tiñamos que comentar algo e nin sequera recordar do que se trataba.
BytNotes é unha sinxela aplicación que permite escribir unhas notas para asociar aos contactos da nosa axenda de modo que, ao recibir unha chamada do contacto asociado, a nota apareza na pantalla antes de descolgar. BytNotes dispón dunha versión gratuita de proba que se limita a un recordatorio de maneira que poidamos comprobar a súa efectividade.
BytNotes está dispoñible no Market de forma gratuita na súa versión de proba ou por 0,71€ na súa versión completa para android 2.1 ou superior.

Sobre o autor

Reply