Descubre Galicia grazas a guías Android

Se buscades un rincón ao que escapar de turisteo por Galicia seguramente vos resultará interesante instalar unha das aplicacións-guía desenroladas por OwnTheWay grazas ao financiamento conxunto da Xunta e da Unión Europea.
Polo de agora só están dispoñíbeis as aplicacións de Santiago de Compostela, Forcarei e Mondariz, que se ben non é un abano moi grande está ben para ir comezando.
Ao iniciar a aplicación pediranos que nos rexistremos e a partires de aí descargarase a información para que poidamos usala. Para facer este paso é recomendábel que teñamos dispoñíbel unha rede WiFi, porque é bastante información a que se baixa, entre audios, imaxes e roteiros.
En todo momento a aplicación dinos cara onde nos temos que dirixir e a través de gravacións nos comenta os puntos de interese, ofrecéndonos tamén imaxes para que saibamos que estamos no lugar correcto.
Outro punto a favor é que cada aplicación (existe unha por cada lugar) conta á súa vez con tres versións (tres aplicacións diferentes), unha por cada idioma (galego, español e inglés).
A descarga é gratuíta e podémola facer dende o Market web para todos os androides:
  • Santiago de Compostela: galego – español – inglés
  • Forcarei: galego – español – inglés
  • Mondariz: galego – español – inglés

Sobre o autor

Reply