Sé orixinal con Magic Ball Sexo

Se isto fose un anuncio da teletenda nocturna comezaría tal que:
Cansa/o de que a túa parella non innove na cama? Tes relacións sexuais aburridas? Tranqui!! Con Magic Ball daraslle un xiro completo á túa vida sexual!! Chama agora ao 902XXXYYY e consigue unha Magic Ball Sexo por 32,98 €! E se chamas agora levas unha Magic Ball Sexo adicional en tamaño de viaxe!

Pero non somos unha teletenda, senón un blogue ‘serio’, así que nos limitaremos a comentarvos de que vai esta aplicación. O que nos permite facer é elixir posturas sexuais dun xeito ben sinxelo:
  1. Abrimos a aplicación
  2. Axitamos o móbil
  3. Amósasenos unha postura determinada ou unha práctica sexual que podemos practicar coa nosa parella.
Hai unhas cantas dispoñíbeis (colecciónaas!) para que non nos aburramos, entre elas estas:
A aplicación está dispoñíbel no Market e funciona en todos os androides dende a versión 1.6. Ademais é gratuíta.
Atrevédesvos con ela?

Sobre o autor

Reply