Yoo Ninja! Pon a proba os teus reflexos

Yoo Ninja é un xogo de velocidade no que deberemos manexar un guerreiro ninja ao longo de 34 niveis repartidos en 4 mundos (Jungle, Village, Marine e Castle).
O seu manexo baséase en pulsar a pantalla táctil do móbil para que o ninja salte e, a medida que vai correndo, ou ben vaia polo chan ou ben polo teito para intentar salvar os obstáculos e evitar ser alcanzado por uns shurikens que o perseguen mentres procuramos non caer ao abismo. O xogo presenta uns cambios de velocidade de xeito que a nosa tarefa complícase.
Por outra banda tamén dispón dun modo “sen fin” no que a nosa meta é obter a maior puntuación posible, intentando non cometer ningún erro cos obstáculos a medida que sube a velocidade.
Alguén se anima a acabalo do tirón sen cometer ningún erro?
Yoo Ninja! está dispoñible no Market de forma gratuita para android 2.1 ou superior.

Sobre o autor

Reply