Bótalle un ollo ás portadas con Extra! Extra! Portadas

Un dos meus vicios confesábeis é ollar as portadas dos xornais. De feito, os días que me deito tarde e teño ánimo adoito pasarme polas webs dos xornais para ollar a portada do día seguinte.
Se queremos facer isto dende o noso Android podemos empregar unha aplicación como Extra! Extra! Portadas, que nos amosa precisamente iso: as portadas de moitos xornais de tiraxe estatal e algúns portugueses.
Existen aplicacións semellantes no Market, sen embargo gustoume moito desta a opción “Mapa”, que nos amosa onde están situadas as redaccións principais dos xornais, como método de busca dos mesmos.
Se queredes facervos con esta aplicación tedes que dirixirvos ao Market e baixala de xeito gratuíto.

Sobre o autor

Reply