Os Xperia X10 actualizaranse a Gingerbread a comezos de agosto

Sony Ericsson vén de anunciar no seu blogue unha boa nova para os posuidores do Xperia X10: a chegada de Gingerbread, a versión 2.3 de Android, prevista para comezos do vindeiro mes de agosto.
Parece ser que a adaptación de Android á interface que Sony mete nos seus terminais levoulles máis tempo do normal, ademais de que algunhas funcións como a cámara non funcionaba como esperaban- Por iso os traballos están arestora en corrixir eses pequenos bugs (no caso da cámara, déixase a interface de usuario que tiña Ecláir (Android 2.1)).
No seguinte vídeo podemos ver como funciona:
X10 mini, X10 mini pro e X8
En canto a estes termianis, polo de agora non se espera unha actualización máis aló da versión Éclair, debido á inferior memoria RAM, o que non quita que poidamos instalar unha ROM non oficial.

Sobre o autor

Reply