Android ten un 9% do mercado de smartphones español

Moi interesante esta gráfica comparativa que se encargou de facer a consultora Nielsen do mercado de telefonía español, moitos son os datos e as conclusión que podemos sacar dela, vexámola:
O primeiro que temos que ver e que nós imos analizar só o 39,2% do mercado de telefonía español, que é o que corresponde o eido dos smartphones. Dentro deste eido podemos ver como a gran maioría de terminais que existen en españa levan o sistema operativo Symbian, cousa que de primeiras xa supón unha gran diferencia xa que para min pouco ou nada ten que ver un smartphone con Symbian ou Windows Phone a un con Android ou iOS, uns son sistemas compretamente deseñados para smartphones e os outros son adaptacións polo que reducindo podemos falar de Android, RIM e iOS.
Dentro destes tres podemos ver dous grandes vencedores empatados co 9% da cota, Android e iOS empatados é algo que ten moito mérito sobre todo para Android, un sistema que chegou máis tarde, que en certos sitios está tendo problemas de accesibilidade e que como se pode ver en moitas campañas de publicidade aínda se está empezando a apostar por el.
Vós como credes que seguirá avanzando? Seguirán empatadas nuns meses ou empezará a verse un dominador?
Se queredes podédes ver o estudo completo na páxina de Nielsen, non ten desperdicio.

Sobre o autor

Reply