O teu teléfono fixo tamén será Android

Cando descubres que Android é unha marabilla, queres disfrutar del en todos os sitios e non só na túa tablet ou smartphone. E aí é cando entran en xogo outras funcionalidades, como a televisión ou mesmo o control da túa casa (lembremos Android @ Home).
Así que hoxe traémosvos un produtos pensados para a nosa casa: o Archos 35 Home Connect e o Archos 35 Smart Home.
Archos 35 Home Connect
O Archos 35 Home Connect é un receptor que nos ofrece máis de 50.000 estacións de radio web grazas a unha aplicación propia, alén de outros servizos como espertador con acceso directo á previsión meteorolóxica, novas do día… todo iso nun aparello que conta ademais con 4 GB de memoria ampliábeis por microSD, WiFi, pantalla táctil de 3,5 polgadas, altofalantes e cámara frontal por se queremos facer videochamadas. 
Archos 35 Smart Home
Doutra banda, o Archos 35 Smart Home é un teléfono inarámbico con pantalla táctil que funciona coa tecnoloxía DECT (a estándar dos inarámbicos que temos na nosa casa). Iso si, non é un inarámbico calquera porque ten todas as funcionalidades dun smartphone con Froyo (2.2). As vantaxes xa vos podedes imaxinar:  os contactos transfírense de xeito sinxelo coa conta de Google, podemos consultar o correo electrónico, facer vídeochamadas…
Soa divertido, non? Mercaríades algún destes aparellos?

Sobre o autor

Reply