Aforra na túa compra con Supertruper

Se queremos aforrar uns céntimos (ou euros) na nosa compra diaria, podemos facernos con Supertruper, unha aplicación que nos permite comparar os prezos dos produtos en diferentes supermercados e hipermercados.
Supertruper ofrécenos dous modos de busca, unha mediante a lectura do código de barras e outra tradicional, introducindo o nome do produto. Unha vez atopado, amósanos o seu prezo en diferentes tendas.
Ademais, ten outra característica e é que nos deixa facer unha lista completa da compra e comparar o prezo en diferentes supermercados, para non andar dando voltas.
A aplicación é gratuíta e podémola descargar dende o Market para todos os androides 

Sobre o autor

Reply