Xa podedes descargar a aplicación oficial de Mallando!

Algunha que outra vez nos tedes comentado que vos gustaría ter un acceso áxil aos blogues de Mallando aló onde estivérades… así que hoxe sentímonos enormemente satisfeitos de informarvos de que xa temos aplicación oficial!
E é que o desarrollador galego Isma (@kix2902), autor tamén de gAppsLauncher, vén de facer esta aplicación coa que poderedes seguir a actualidade do que imos publicando nos nosos blogues (Mallando, Mallando no Android, Esparavel, A Malla das Telecos e O Bloc).
Ao abrila e seleccionar un dos nosos blogues, veredes unha listaxe coas 25 entradas máis recentes e o comezo dos artigos. De querer seguir lendo, só tedes que clicar enriba do artigo seleccionado e dirixirásevos á versión web.
A aplicación tamén dá acceso ás nosas redes sociais (Facebook e as 2 contas de Twitter que temos) para que poidades contactar connosco de xeito sinxelo.
Por suposto, a aplicación é gratuíta e podédela descargar dende o Android Market ou co seguinte código QR, e é válida para todos os androides.
Unha vez máis, agradecer fondamente a Isma polo seu traballo coa aplicación e animámosvos a pasarvos pola súa páxina do Market para ver as contribucións que está a facer á comunidade androide

Sobre o autor

Reply