Samsung Galaxy Z, o irmán pequeno do Galaxy S II

O Samsung Galaxy S II, un dos terminais máis potentes que temos agora mesmo no mercado, e un dos máis desexados do momento, xa ten irmán menor: o Samsung Galaxy Z.
Trátase dun terminal que se lle asemella no físico ero que reduce as súas prestacións con respecto ao Galaxy S II, se ben é certo que tamén se reduce o seu prezo, dos arredor de 600 € que custa mercalo libre a uns 400-450 €.
A pantalla do Galaxy Z é de 4,2 polgadas e unha resolución de 480 x 800 píxeles. Conta con procesador nVIDIA Tegra 2 a frecuencia de 1 GHz.
Os cambios máis significativos atopámolos en aspectos menores, como na cámara (que pasa de 8 a 5 MP) e na memoria, que se reduce de 32 GB a 8, sen ben é certo que esta é ampliábel a través de tarxetas microSD.
Parece que Samsung está contenta cos resultados que está a ter o Galaxy S II, un terminal que se está a vender moi ben, malia ser un terminal caro (non nos enganemos, é un terminal de gama alta), en parte grazas á voracidade retendora de portabilidades das operadoras. Por iso a compañía coreana optou por sacar un irmán pequeno mais accesíbel a todos os petos.

Sobre o autor

Reply