Skype integra por fin videochamada en Android

Parece que á xente de Skype non lle gusta moito Android, senón non se entende que teñan tardado tanto en dotar á súa aplicación de vídeochamada, á cal poderemos acceder conectados dende 3G ou WiFi.
De todos os xeitos, tampouco é que sexa unha marabilla pois só está dispoñíbel oficialmente para un número reducido de terminais, concretamente o Nexus S, HTC Desire S, o Sony Ericsson Xperia Neo, o Sony Ericsson Xperia Pro e o Samsung Galaxy S.
Sen embargo, un desarrollador fixo un hack da aplicación para aumentar o número de dispositivos compatíbeis, incluíndose o Samsung Galaxy S II, e os HTC Evo, Flyer e Thunderbolt.
Podemos baixar a aplicación oficial do Market e a modificada de aquí.

Sobre o autor

Reply