Poderás esquecerte de onde aparcaches o coche… sen perdelo

Es unha persoa que se esquece facilmente de onde deixou o coche e despois anda dando voltas e máis voltas para atopalo? Pois agora serache un pouco máis sinxelo grazas a esta aplicación que vos traemos hoxe: Car Finder.
Basicamente trátase dunha ferramenta coa que poderemos gardar a localización do coche cando aparcamos, grazas ao sinal GPS. Cando queiramos buscalo, simplemente teremos que abrir a aplicación e pulsar Find My Car. Amosarásenos como chegar nun mapa e a distancia á que nos atopamos.
E é que Android, como sempre, está para facernos a vida un pouco máis sinxela. Podedes descargar esta aplicación de balde dende o Market, iso si, só para versións posteriores a Froyo.

Sobre o autor

Reply