VMK, unha tablet ‘made in’ África

2011, O Ano das Tablets. Podería ser un titular, pero mais ben é un feito que se está a consolidar. E é que este ano temos tablets e tablets onde elixir, tanto por deseño como segundo o propósito que queiramos tirar dela.
Hoxe queremos falarvos dunha especial, a VMK, que verá a luz oficialmente en setembro no Africa Web Summit, e que ten de especial que está deseñada en Congo, sendo o primeiro dispositivo destas características en deseñarse no continente africano.

Segundo se comenta, baralláronse varias alternativas á hora de escoller un sistema operativo para a tablet: Windows, MeeGo, varias alternativas baixo Linux… pero finalmente a elección resulto Android, polo gran abano de aplicacións e a adaptabilidade do sistema.
Entre as cracterísticas da tablet, destacamos as que seguen:
  • Procesador a 1,2 GHz.
  • Sistema operativo: Android 2.3.3
  • Memoria RAM de 512 MB
  • Pantalla de 7 polgadas
Non sei a vós, pero a min a iniciativa paréceme moi interesante. Se queredes opinar, como sempre, están abertas as vías habituais. Lémonos!

Sobre o autor

Reply