Mellora a visibilidade dos eventos do teu GCalendar con Smooth Calendar

Se usades Google Calendar e vos gusta ter ben visíbeis os vosos eventos no escritorio do voso Android, seredes conscientes de que o widget predefinido deixa moito que desexar.
Por iso existen as alternativas, como Smooth Calendar, que nos ofrece un widget de escritorio algo máis vistoso, coa posibilidade de ver os próximos 3 eventos que teñamos programados. Entre outras cousas, permítenos acceder dende o propio widget ao Google Calendar para engadir novos eventos ou seleccionar cales dos calendarios que teñamos no Google Calendar queremos que se amosen.
Alén de Google Calendar, Smooth Calendar tamén permite sincronización con outros servizos, como Exchange ou Facebook.
Podedes descargar gratuitamente este widget dende o Market e é compatíbel con todas as versións de Android

About The Author

Reply