Toda a información das antenas que che dan cobertura no teu Android

Chamádeme friki, pero Antennas é unha das miñas aplicacións favoritas, que nos permite coñecer unha serie de datos das antenas que temos ao noso arredor e nos dan cobertura de telefonía móbil.
Segundo entramos na aplicación, amósasenos a nosa posición no Google Maps (claro está, se temos activado o GPS esta posición será moito máis exacta) e a posición aproximada das estacións base (antenas) que temos arredor, indicándonos tamén información avanzada sobre a propia estación como do sinal que recibimos.
Nesta información esá o tipo de cobertura (GSM, GPRS, 3G), a potencia de sinal ou o nome do operador que estamos a utilizar.
O único malo desta aplicación é que consume moita batería, pero para usos puntuais resulta moi divertido, a lo menos para os frikis 😛
Podemos descargar esta aplicación gratuitamente dende o Market

Sobre o autor

Reply