Ponte ‘cachas’ con JeFit

O outro día falámosvos de Runkeeper, unha aplicación pensada para controlar o noso exercicio en deportes de tramos (correr, bicicleta…), así que hoxe, pensando en poñerse en forma co verán que vén por diante, presentámosvos JeFit, unha aplicación diferente.
JeFit está orientada aos entrenamentos de musculación e tonificación, permitíndonos levar un control case total dos exercicios que facemos, alén de facilitarnos unha gran base de datos de novos exercicios que nos axudarán a poñernos en forma.
Así, poderemos organizar a nosa rutina semanal e tela sempre a man (luns fago abdominais, xoves costas e bíceps…), buscar exercicios que facer entre unha chea de propostas, ordeadas por zonas do corpo, controlar as nosas estatísticas, étc.
A aplicación compleméntase cun perfil que podemos crear a través da web www.jefit.com, no que poderemos incluso ter un albume para ver a nosa evolución, así que agora, poñerse en forma é só cuestión de vontade.
Se queredes probar esta aplicación, podédela baixar gratuitamente do Market. Existe unha versión de pago por 4,99 $, pero que non varía moito e para comezar eu recomendaría a gratuíta.

Sobre o autor

2 Comments

  1. foz 10 Xullo, 2011 Responder
  2. iago varela 10 Xullo, 2011 Responder

Reply