LG Optimus Pro. Engrosando a listaxe dos BlackBerry killers?

Como sabedes, un dos grandes éxistos de Android é a adaptabilidade. E é que temos un Android para cada un de nós, en función das nosas necesidades: tanto se queremos un terminal barato para ler o correo e actualizar o Twitter ou se queremos o terminal máis potente do mercado para sacar partido aos xogos que máis potencia precisan.
Pero xa non falando tanto de características técnicas, se nos centramos no deseño tamén atoparemos un Android adaptado ás nosas necesidades: hainos de pantalla grande, de pantalla pequena, de teclado físico desprazábel, de teclado na frontal… e mesmo de tapa. Vamos, o que queiramos.
Dende non hai moito comezamos a ver varios terminais con teclado na parte frontal, como o HTC ChaChaCha ou o Samsung Galaxt Pro, emulando unha das características máis reseñábeis das BlackBerry. E agora a historia repítese con este novo modelo de LG, o Optimus Pro.
En canto a características técnicas estamos ante un terminal de gama media, vamos, orientado a un usuario medio que quere o seu smartphone para estar conectado. Así, destacamos as seguintes:
  • Sistema operativo: Android 2.3 (Gingerbread).
  • Pantalla táctil de 2,8 polgadas.
  • Procesador: 800 MHz.
  • Cámara: 3 MP.
  • Memoria interna: 150 MB (ampliábel por microSD).
  • Batería: 1500 mAh.
En canto a prezos coméntase que podería rondar os 180 €, aínda que polo de agora nada se sabe da dispoñabillidade en España.

Sobre o autor

Reply