Así é o Optimus Black en branco

Cando sae un trebello novo, moitos usuarios pregúntanse pola versión en branco, expectación que acadou límites case esaxerados coa versión nesta cor do iPhone4. E é o branco é vaille moi ben aos gadgets tecnolóxicos, con esa sensación de limpeza e bo acabado que produce.
Pois LG debeu pensar niso, así que o seu Optimus Black estará dispoñíbel en branco ( Será un LG Black and White? ), e a pinta que ten xa a vedes na foto superior. Chegará en breves ao Reino Unido e non sabemos se o fará tamén a España.
Se queredes saber máis sobre este terminal, pasádevos por esta outra entrada, na que probamos o probamos a fondo.
Parecevos a cor un elemento determinante á hora de escoller o voso smartphone?

Sobre o autor

Reply