Google+ permite usar NFC. O futuro xa está aqui

Xa falamos moito sobre Google+, a rede social de Google, que se integra moi ben en Android grazas a unha aplicación que malia que non cubra o cento por cento dos aspectos funcionais da versión web da rede social, o certo é que ten moitas potencialidades e adáptase moi ben aos terminais.
E unha delas é a capacidade de usar a tecnoloxía NFC, como podedes ver no vídeo. E que podemos facer con ela? Pois compartir información de xeito doado. Imaxinádevos que ides a un bar e queredes facer checkin en Google Places. Pois con tan só achegar o voso terminal xa poderíades compartir directamente ese checkin na rede social.

Claro está que estamos ante unha tecnoloxía en auxe e nun futuro non moi afastado poderemos facer moitas outras cousas, pero para coemezar non está nada mal, non?

Sobre o autor

Reply