Os Samsung Galaxy Ace ás portas de recibir Gingerbread

As novas sobre actualizacións son sempre ben recibidas e agardadas con impaciencia pola comunidade Android, sobre todo se estas son relacionadas coa última versión do sistema operativo dispoñíbel, Gingerbread (2.3).
Así, hoxe podemos anunciarvos que os Samsung Galaxy Ace recibirán nas próximas semanas a actualización a Gingerbread e todo parece indicar que de hoxe nun mes todos os Ace poderán gozar da actualización. Como vén sendo habitual nos terminais Samsung, a actualización levarase a cabo a través de Kies.

Sobre o autor

Reply