Viber sae da beta e xa está dispoñíbel para todos. Chama gratis usando os datos!

Como sabedes, cos nosos androides non estamos limitados a facer as chamadas sobre a rede de voz e dispomos de varias alternativas para chamar con voIP, como Gtalk, Skype ou eBuddy. A todas estas opcións súmase dende hoxe Viber, unha aplicación que triunfou en iOS e que despois dalgúns meses en beta xa podemos disfrutar todos os usuarios.
Mais con Viber non só temos chamadas gratuítas (imaxinade o que se pode aforrar estando no extranxeiro conectados á WiFi, por exemplo), senón que tamén poderemos disfrutar de mensaxería instantánea (como Huddle ou Whatsapp) entre contactos que usen a mesma aplicación.
Pero… 100% de balde?
Si, claro, aínda que precisas contar cunha conexión de datos ou conectarte a través de WiFi. De todos os xeitos, non todas as operadoras permiten o uso destas alternativas ao servizo de voz habitual (estando conectados ás redes móbiles, obviamente non pasa nada se a usas dende a WiFi). Así, con operadoras como R ou Simyo podes usalo sen problema, con Vodafone só na tarifa XL na tarifa XL e nas pensadas para ordenador/tablet (Internet Contigo Express, Internet Contigo Ilimitado, Internet Contigo Prepago) e non o poderás usar con Orange, Yoigo ou Movistar.
Se queredes comezar a disfrutar desta aplicación, non tedes máis que pasarvos polo Android Market e descargárvola gratuitamente. Iso si, debedes contar con versións de Android superiores á 2.0.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Anonymous 20 Xullo, 2011 Responder
  2. iago varela 21 Xullo, 2011 Responder

Reply