Axuda a coidar a túa saúde con TrackerSavvy

Se queres ter a túa saúde baixo control sempre podes botar man dun bloc de notas… aínda que iso xa quedou algo anticuado, non? Por iso o noso robotiño verde pode botarnos unha man a controlar certos parámetros da nosa vida para ter a saúde ben controlada.
Así, permítenos ter baixo control certos parémetros, a saber:
  • Peso: admite rexistros de peso, calculando o índice de masa corporal (IMC).
  • Auga: con esta opción, poderemos gardar un rexistro da cantidade de auga bebida ao longo do día en número de “vasos”.
  • Control de gastos: quizais sexa unha utilidade un tanto curiosa para unha aplicación deste tipo, xa que está pensada para anotar gastos de todo tipo, que imos facendo ao longo día, algo que non garda moita relación coa aplicación..
  • Control do tempo: que nos permite anotar o tempo que adicamos a facer as nosas tarefas ao longo do día.
Dispomos tamén da posibilidade de fixar un perfil cun peso ideal ou obxetivo que queremos conseguir para seguir a nosa evolución.
Podemos atopar esta aplicación no Market dispoñíbel para todos os androides e en dúas versións, unha gratuíta e outra de pago a 67 céntimos. 

Sobre o autor

Reply